A TEORÍA DO VENTO (FRAGMENTO) Poem by Makoto Ooka

A TEORÍA DO VENTO (FRAGMENTO)

Após a chuvia. Hai vaos.
Percorro a foresta.
Fecundia de paxaros coloridos.
Branca infiltración de sons no ceo.
O regato fai unha lavativa ás pedras.
Tremor no esfínter dos seixos.
Tremor de desacougo na carne dos seixos.
Co abaneo do vento,
o sol envorca e alaga os campos,
a xente ten un intre de clarividencia.
O vento murmúrame:
«Chega coa droga desta luz,
sabes?, para che mostrar
a auga na peneira».
Ó, condenado e querido vento.
Ó, condenado e vasto peito mentireiro.

COMMENTS OF THE POEM
READ THIS POEM IN OTHER LANGUAGES
Close
Error Success