Tuesday, November 27, 2018

Este percorrido comeza cunha carta que nunca cheguei a escribir Comments

Rating: 0.0

Este percorrido comeza cunha carta que nunca cheguei a escribir. A miña sombra agardaba que desde a pedra algún faraón se encarnase e confiaba encontrar entendemento para un diálogo contigo. Con todo ningunha directriz da Historia podería chegar onda min, estaría xa da outra beira do abismo, como abstracción e diferenza

e volvía unha e outra vez sobre a figura do musulmán nos campos

sobre esa exclusión dobre, a do animal e a exclusión do logos

é unha mirada sen marxes

aínda que o corpo cede ante a morte, resiste cando a razón se esgota

significa que o corazón debe ser equivalente en peso—ou máis lixeiro—á pluma de Osiris

*

na noite, a causa do seu brancor e relevo, a flor do trifolium repens ou trevo común fai visíbeis os campos, é trépano para os campos.

Direiche desta escena
no recibidor, amplo e brillante, logo das reformas, presenteille a María, Ana, Marta e Iria a Paco; elas avanzaban cara a nós desde os servizos. Por un intre foron como a fotografía no ano 52 da miña nai e as súas amigas: eran a intelixencia e a beleza e a posibilidade ou imposibilidade de reprodución na especie. Vinas, fuxindo na súa repetición, eternas
...
Read full text

Chus Pato
COMMENTS
Close
Error Success